Web

Que facemos?

Educamos Creatividade, Comunicamos Cultura
A forza motor de 7H está na creación de proxectos artísticos cunha importante base social e asentados no contexto. Para nós non existen públicos, existen persoas.

En 7H Cooperativa Cultural somos especialistas na realización integral de proxectos, actividades, exposicións e eventos artístico-culturais desde a súa formulación inicial até a súa execución final. A experiencia e formación multidisciplinar da nosa equipa, ás que definimos como «creatividade cooperativa», permítennos ofrecer servizos nas áreas de ilustración, deseño gráfico, arte contemporánea e urbana, comunicación e documentación audiovisual e fotográfica, tanto a través de labores de creación artística como no desempeño de tarefas de dirección, coordinación, asesoramento e docencia.

Desde a nosa constitución, traballamos na elaboración global de proxectos, atendendo de xeito minucioso cada unha das fases que compoñen os procesos creativos: deseño conceptual e gráfico, comisariado e/ou coordinación e mediación, produción e seguimento audiovisual, entre outras.

A aposta por dinámicas de creación colectivas, baseadas na participación activa e inclusiva de todas as persoas, ás que consideramos suxeitos con capacidade de expresión artística e non simples públicos pasivos, é un dos nosos sinais de identidade.

Algún dos nosos proxectos

Mutacións Urbanas

Unha aposta por achegar a creación artística e facilitar a palabra a algún dos colectivos máis invisibilizados das cidades: o das persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión.

Ler máis